1. Enche o teu carriño.
  • Engade os pratos que queiras ata acadar o pedido mínimo necesario, 20€ ou 60€, dependendo da zona de entrega.
  • Os custos de envío calcúlanse ao finalizar a compra.
  1. Antelación do pedido.
  • É necesario efectuar o pedido cun día de antelación e antes das 15:30h da tarde para que poida ser servido ao día seguinte.
  • Por exemplo, un pedido realizado ás 15:00h da tarde do martes será servido o mércores.
  • Non servimos pedidos os domingos nin en días festivos.
  1. Hora de entrega.
  • Podes escoller entre as seguintes franxas horarias para a recollida:
    • 12:00h a 13:00h
    • 13:00h a 14:00h
    • 14:00h a 15:00h
    • 17:00h a 18:00h
  1. Custo da entrega.
    • Recollida en tenda (Gratuíta).
  • Os custos de entrega calcúlanse automaticamente no proceso de compra.
  1. Pago.
  • Paga de forma segura con tarxeta a través da nosa pasarela de pago.
  1. Formulario
  • É necesario cubrir o formulario de facturación e envío para poder tramitar o pedido.
 

Preguntas Frecuentes.

¿Que comida ofrecemos?
Pratos preparados frescos, saudables, equilibrados e listos para comer, elaborados con ingredientes frescos e naturais.
Onde recibo o meu pedido?
O pedido só pode ser entregado na nosa tenda da Rúa do Doutor Teixeiro 34, Santiago.
Cando recibo o meu pedido?
Debes facer o pedido cun día de antelación. Os nosos pedidos péchanse ás 15:30H. Todos os pedidos recibidos antes desa hora serán servidos ao día seguinte no horario que elixas.
Tes algunha dúbida?
Non te preocupes, sempre poderás chamarnos á nosa tenda e intentaremos aclararche as dúbidas.
Hai unha maior oferta que a exposta na web de pedidos?
Si, na nosa web só aparecen os pratos máis habituais. Na nosa tenda temos unha maior variedade de pratos. Sempre podes pasarte ou chamar por teléfono se buscas algo distinto.
Anulación e cancelacións?
Podes anular o teu pedido e recibir o reembolso íntegro do importe a través do mesmo medio utilizado para o pago sempre que nolo comuniques por teléfono (981 565 099) ou ao correo electrónico pedidosonline@cateringalmirez.com antes de que o pedido saia das nosas instalacións e entre en reparto.
Como fago se quero un catering ou un orzamento máis personalizado?
Outra opción de realizar un pedido é solicitar un orzamento directamente ao noso equipo coa posibilidade de entrega, camareiros, mobiliario, menaxe ou co que necesites para o servizo. Tes un formulario na nosa páxina web. Ponte en contacto connosco e enviarémosche un orzamento adaptado ás túas necesidades sen ningún tipo de compromiso. https://cateringalmirez.com/gl/ https://cateringalmirez.com/gl/