
CATERING PARTICULARES
En Catering Almirez dispoñemos dos coñecementos e a infraestrutura necesaria para poder asesorarche na organización dun coctel, bautizo, comunión, reunión familiar ou calquera outro tipo de celebración. O noso servizo de cátering ofréceche a posibilidade de non ter que ocuparche nin preocuparche por nada.
Axudamos a crear o ambiente que necesitas para o teu evento, encargámonos da decoración, a mantelería, cadeiras, vaixela, carpa… e por suposto da comida. Nós encargámonos de todo, o único que che pedimos é que o goces. Son varias as propostas que che podemos ofertar. Se estás interesado podes poñerche poñerche en contacto connosco chamándonos por teléfono ou enviándonos un email e pronto empezaremos a traballar.

CATERING EMPRESAS
En Catering Almirez creamos propostas personalizadas. O noso equipo de cociña posúe unha ampla experiencia en elaboración de menús adecuados para todo tipo de eventos e reunións de empresa.
Encargámonos de organizar o Coffee break, o aperitivo, o coctel, a comida, a cea, a presentación dun produto ou calquera outro evento que nos propoñas.
Coffe break | Buffets | Aperitivos | Ceas de gala
Almorzos | Xantares | Presentación de Productos | Cócteles

CATERING VODAS
Unha voda é un momento único que merece unha dedicación especial; encargámonos de todo para asegurarche que ese día sexa inesquecible.
Organizamos a túa voda na contorna que elixas, adaptámonos a todo tipo de espazos desprazándonos por toda a xeografía galega, facendo cada voda única.
Ofrecemos un servizo integral, decoración floral, mantelerías, camareiros… e por suposto, a nosa proposta de diferentes e variados menús acordes co lugar, a hora, o estilo de voda e a época do ano para que todo resulte perfecto.
Dispoñemos de espazos exclusivos onde poder celebrar o evento.