Nós

Somos tres emprendedores que, no ano 2002, decidimos dar o paso de montar a nosa propia empresa de catering, apoiándonos na nosa formación e experiencia.

Os nosos comezos arrancan na rúa do Doutor Teixeiro, Santiago de Compostela, lugar onde a día de hoxe se atopa a nosa emblemática tenda de produtos delicatessen, viños, augardentes e comida para levar recentemente feita.

Ademais desta ampla variedade de produtos, na nosa tenda gourmet tamén elaboramos cestas regalo para empresas, profesionais e particulares.

Desde Catering Almirez buscamos satisfacer as necesidades dos nosos clientes, ofrecendo un servizo de catering para empresas, particulares, vodas, eventos e congresos.

Tamén dispoñemos de varios espazos, como o Pazo de Andeade, onde poder ofrecer os nosos servizos.

Contamos coa nosa propia infraestrutura; dispoñemos de mantelería, cadeiras, mesas, vaixelas, ademais de transporte e dun centro de produción propio.

No noso centro de produción elabórase diariamente a oferta gastronómica ao mesmo tempo que tamén se utiliza como taller creativo dentro da empresa.

Isto fai posible, non só dar unha maior creatividade á nosa cociña, senón tamén ao noso modelo de negocio.

Déixate aconsellar polo noso equipo de profesionais.