Iron Seven Crianza
En oferta ata o 31 de xaneiro de 2018
Presentámosvos este Rioxa Crianza das Nubori. Na actualidade, Adegas Nubori atópase entre as 10 primeiras adegas do sector, en canto a capacidade de almacenamento e produción de viños novos, crianzas e reservas da denominación de orixe de Rioxa. As súas instalacións contan cun novo sistema de seguimento que garanten Ia trazabilidad e a calidade dos seus produtos.
O Iron Seven Crianza é un viño 100% Tempranillo, elaborado, despalillado e termenlado en depósitos de aceiro inoxidable, con temperatura controlada de 28 graos centígrados. Maceración de 15 dias, con remontados continuos para obter unha boa extracción de cor. Este viño é criado en barricas de carballo americano e frances durante un mínimo de doce meses, e o resto en botella ata a súa comercialización. Ideal para acompañar carnes, pastas e queixos.
Nota de cata:
- Vista: Ten unha bela cor picota madura, cuberto e brillante.
- Nariz: Con recordos froiteiros e elegantes: notas de madeiras finas.
- Gusto: En boca resulta redondo, suave e aterciopelado. Posúe un postgusto longo, persistente e de agradable recordo.