Dr. Teixeiro 34, bajo. 15702- Santiago de Compostela
     

 

 

NÓS

Somos tres emprendedores mozos que, fai máis de dez anos, decidimos dar o paso de montar a nosa propia empresa de catering, apoiándonos na nosa formación e experiencia. Os nosos  comezos arrincan na rúa Doutor Teixeiro en Santiago de Compostela, lugar onde a día de hoxe se atopa a nosa emblemática tenda de produtos delicatessen, viños, augardentes   e comida para levar acabada de facer.

Ademais desta ampla variedade de produtos, na nosa tenda gourmet, tamén elaboramos cestas de agasallos para empresas, profesionais e particulares.

Desde Catering Almirez, S.L buscamos satisfacer as necesidades dos nosos clientes, ofrecendo  un servizo de catering para empresas, particulares, vodas, eventos e congresos. Tamén dispomos de varios espazos, como o Pazo de Andeade, o Pazo A Toxeiriña ou o Pazo de Cores entre outros, onde poder ofertar os nosos servizos.

Contamos  con infraestrutura propia; dispomos de mantelería, cadeiras, mesas, vaixelas,  ademais de transporte e de centro de produción propio.

No noso centro de produción elabórase diariamente a oferta gastronómica á vez que tamén se utiliza como taller creativo dentro a empresa. Isto fai posible, non só dar unha maior creatividade á nosa cociña, senón tamén ao noso modelo de negocio.