Logo
  •  981.565099 | Dr. Teixeiro 34 Santiago de Compostela
  • CONTACTO

FOLLOW US ON

Iron Seven Crianza

En oferta ata o 31 de xaneiro de 2018

Presentámosvos este Rioxa Crianza das Nubori. Na actualidade, Adegas Nubori atópase entre as 10 primeiras adegas do sector, en canto a capacidade de almacenamento e produción de viños novos, crianzas e reservas da denominación de orixe de Rioxa. As súas instalacións contan cun novo sistema de seguimento que garanten Ia trazabilidad e a calidade dos seus produtos.

O Iron Seven Crianza é un viño 100% Tempranillo, elaborado, despalillado e termenlado en depósitos de aceiro inoxidable, con temperatura controlada de 28 graos centígrados. Maceración de 15 dias, con remontados continuos para obter unha boa extracción de cor. Este viño é criado en barricas de carballo americano e frances durante un mínimo de doce meses, e o resto en botella ata a súa comercialización. Ideal para acompañar carnes, pastas e queixos.

Nota de cata:

  • Vista: Ten unha bela cor picota madura, cuberto e brillante.
  • Nariz: Con recordos froiteiros e elegantes: notas de madeiras finas.
  • Gusto: En boca resulta redondo, suave e aterciopelado. Posúe un postgusto longo, persistente e de agradable recordo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.