Logo
  •  981.565099 | Dr. Teixeiro 34 Santiago de Compostela
  • CONTACTO

FOLLOW US ON

CATERING PARTICULARES

En Catering Almirez dispoñemos dos coñecementos e a infraestrutura necesaria para poder asesorarche na organización dun coctel, bautizo, comunión, reunión familiar ou calquera outro tipo de celebración. O noso servizo de cátering ofréceche a posibilidade de non ter que ocuparche nin preocuparche por nada.

Axudamos a crear o ambiente que necesitas para o teu evento, encargámonos da decoración, a mantelería, cadeiras, vaixela, carpa… e por suposto da comida. Nós encargámonos de todo, o único que che pedimos é que o goces. Son varias as propostas que che podemos ofertar. Se estás interesado podes poñerche poñerche en contacto connosco chamándonos por teléfono ou enviándonos un email  e pronto empezaremos a traballar.

CATERING EMPRESAS

En Catering Almirez creamos propostas personalizadas. O noso equipo de cociña posúe unha ampla experiencia en elaboración de menús adecuados para todo tipo de eventos e reunións de empresa.

Encargámonos de organizar o Coffee break, o aperitivo, o coctel, a comida, a cea, a presentación dun produto ou calquera outro  evento  que nos propoñas.

Coffe break | Buffets | Aperitivos | Ceas de gala

Almorzos | Xantares | Presentación de Productos | Cócteles

CATERING VODAS

Unha voda é un momento único que merece unha dedicación especial; encargámonos de todo para asegurarche que ese día sexa inesquecible.

Organizamos a túa voda na contorna que elixas, adaptámonos a todo tipo de espazos desprazándonos por toda a xeografía galega, facendo cada voda única.

Ofrecemos  un servizo integral, decoración floral, mantelerías, camareiros…  e por suposto, a nosa proposta de diferentes e variados menús acordes  co lugar, a hora, o estilo de voda e a época do ano para que todo resulte perfecto.

Dispoñemos de espazos exclusivos onde poder celebrar o evento.

Pazo de Andeade

Deixate aconsellar polo noso equipo de profesionais

CONTACTO