Logo
  •  981.565099 | Dr. Teixeiro 34 Santiago de Compostela
  • CONTACTO

FOLLOW US ON

somos

Somos tres emprendedores mozos que, fai máis de dez anos, decidimos dar o paso de montar a nosa propia empresa de catering, apoiándonos na nosa formación e experiencia. Os nosos  comezos arrincan na rúa Doutor Teixeiro en Santiago de Compostela, lugar onde a día de hoxe se atopa a nosa emblemática tenda de produtos delicatessen, viños, augardentes   e comida para levar acabada de facer.

Ademais desta ampla variedade de produtos, na nosa tenda gourmet, tamén elaboramos cestas de agasallos para empresas, profesionais e particulares.

Portada

Desde Catering Almirez, S.L buscamos satisfacer as necesidades dos nosos clientes, ofrecendo  un servizo de catering para empresas, particulares, vodas, eventos e congresos. Tamén dispomos de varios espazos, como o Pazo de Andeade, ou o Pazo A Toxeiriña  entre outros, onde poder ofertar os nosos servizos.

Contamos  con infraestrutura propia; dispomos de mantelería, cadeiras, mesas, vaixelas,  ademais de transporte e de centro de produción propio.

image1

No noso centro de produción elabórase diariamente a oferta gastronómica á vez que tamén se utiliza como taller creativo dentro a empresa. Isto fai posible, non só dar unha maior creatividade á nosa cociña, senón tamén ao noso modelo de negocio.

Déjate aconsejar por nuestro equipo de profesionales

CONTACTO

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies